top of page

_ACCIÓNS EXPANDIDAS 2017

IES Zalaeta

+ Ánxela Blanco

 

Nestas dúas prácticas expandidas, pensadas especialmente pola artista para o alumnado de secundaria, Ánxela propón unha revisión do mito da Odisea a través do corpo e dunha mirada co foco posto na identidade de xénero. Unha primeira sesión antes da función no teatro e unha segunda sesión despois, pechando o círculo.

 

O corpo de Penélope como protagonista.

 

Unha práctica dirixida ao alumnado de 3º de ESO, no horario lectivo da súa asignatura de cultura Clásica.

Fundación Luis Seoane

+ Fritsch Company

 

Un achegamento á danza e a creación contemporánea da man de Esther Gómez, Ramón Marcos e Pilar Muñoz, da compañía de danza inclusiva Fritsch Company.  

 

Esta compañía forma parte da Fundación Psico Ballet Maite León, entidade sen ánimo de lucro que dende o 1980 está dedicada á integración social e laboral de persoas con discapacidade e outros colectivos en risco de exclusión social no ámbito escénico.

 

Unha práctica dirixida a todas as persoas interesadas. A diversidade dos corpos, mentes, edades, e culturas son benvidas.

Fundación Luis Seoane

+ Fritsch Company

 

Un achegamento á danza e a creación contemporánea da man de Esther Gómez, Ramón Marcos e Pilar Muñoz, da compañía de danza inclusiva Fritsch Company.  

 

Esta compañía forma parte da Fundación Psico Ballet Maite León, entidade sen ánimo de lucro que dende o 1980 está dedicada á integración social e laboral de persoas con discapacidade e outros colectivos en risco de exclusión social no ámbito escénico.

 

Unha práctica dirixida a todas as persoas interesadas. A diversidade dos corpos, mentes, edades, e culturas son benvidas.

> ACCIÓNS EXPANDIDAS 2017

IES Zalaeta

+ Ánxela Blanco

 

Nestas dúas prácticas expandidas, pensadas especialmente pola artista para o alumnado de secundaria, Ánxela propón unha revisión do mito da Odisea a través do corpo e dunha mirada co foco posto na identidade de xénero. Unha primeira sesión antes da función no teatro e unha segunda sesión despois, pechando o círculo. O corpo de Penélope como protagonista.

 

Unha práctica dirixida ao alumnado de 3º de ESO, no horario lectivo da súa asignatura de cultura Clásica.

IES Zalaeta  + Ánxela Blanco

Fundación Luis Seoane

+ Fritsch Company

 

Un achegamento á danza e a creación contemporánea da man de Esther Gómez, Ramón Marcos e Pilar Muñoz, da compañía de danza inclusiva Fritsch Company. Esta compañía forma parte da Fundación Psico Ballet Maite León, entidade sen ánimo de lucro que dende o 1980 está dedicada á integración social e laboral de persoas con discapacidade e outros colectivos en risco de exclusión social no ámbito escénico.

 

Unha práctica dirixida a todas as persoas interesadas. A diversidade dos corpos, mentes, edades, e culturas son benvidas.

Fundación Luis Seoane  + Fritsch Company

Librería Berbiriana

+ Virginia Rota & Janet Novás

 

Unha magnífica oportunidade de disfrutar do traballo documental creado pola artista Virginia Rota arredor do traballo da bailarina e creadora Janet Novás. "Cadencia" -así se chama a peza- achégase dun xeito amable, depurado e en total sintonía co traballo de Janet que case semella que Virginia puidese mirar cos mesmos ollos da primeira. Unha oportunidade de ouro para coñecer o universo de ámbalas dúas creadoras.

En colaboración ca librería Berbiriana.

Librería Berbiriana  + Virginia Rota & Janet Novás

Librería Berbiriana

+ Pablo Esbert & Janet Novás

 

Un encontro aberto entre o coreógrafo e músico madrileño Pablo Esbert e a galega Janet Novás no que falar das claves de atravesan as súas miradas como artistas.

 

Unha pseudo-entrevista en directo, que alimentada por tódolos participantes fará que coñezamos ben de cerca o que hai detrás de todo o que vemos nas súas propostas escénicas.

 

En colaboración ca librería Berbiriana, espazo para libros e grolos.

Librería Berbiriana  + Pablo Esbert & Janet Novás

Centro Cultural Ágora

+ Andrea Quintana & Alberto Cortés

 

Arredor dos materiais usados no proceso de creación de Hollywood, Andrea Quintana e Alberto Cortés, propoñen nesta práctica exercicios textuais inspirados no imaxinario colectivo da industria de cine americana.

 

Unha proposta aberta a tódalas persoas interesadas na creación escénica (intérpretes profesionais e non profesionais, público ou bailarinas e bailaríns con ganas de falar) que además poderán subirse ao escenario do TRC no día da presentación da peza.

Centro Cultural Ágora  + Andrea Quintana & Alberto Cortés

Librería Berbiriana

+ Elena Casanueva

 

Un concerto da músico andaluza Elena Casanueva, máis coñecida artísticamente como Eskarnia, co seu primer album "Sola en la sala".

Este album de hip hop como telón de fondo toma como fonte inspiración os versos da escritora Gloria Fuertes, un especial homenaxe á lírica para adultos da poeta madrileña no centenario do seu nacemento.

En colaboración ca librería Berbiriana.

Librería Berbiriana  + Elena Casanueva

Conservatorio Superior de Música

+ Albert Quesada

 

Un encontro co coreógrafo catalán arredor da súa investigación en torno ao flamenco. Albert Quesada propón un achegamento teórico-práctico ás claves que para él foron fundamentais no proceso de creación de “UnDosTresUnDos”, unha peza escénica para a que, dende unha mirada contemporánea, se sumerxiu de cheo na dinámica rítmica do famenco.

É unha práctica dirixida especialmente a comunidade educativa do Conservatorio Superior de Música así como está aberta ademáis a persoas externas interesadas tanto na música como no movemento, sen necesidade de coñecemento previo en cada campo.

Conservatorio Superior de Música  + Albert Quesada
bottom of page