> ACCIÓNS EXPANDIDAS 2016
Centro Cívico Cidade Vella
+ Carmina Escardó
Un encontro arredor da produción e management de artes escénicas da man de Carmina Escardó no Centro Cívico da Cidade Vella. Carmina comparte as claves do seu traballo na xestión cultural en teatro, danza, circo e artes da rúa ao fronte do proxecto cultural DROM do que é creadora e directora dende 1988.
Unha práctica dirixida a artistas, xestores, directores de festivais, ou productores interesado na vía da internacionalización, na que Carmina leva traballando intensamente nos últimos anos.

Conservatorio da Diputación de A Coruña
+ Roberto Olivan
Un achegamento ao traballo físico deste recoñecido coreógrafo na que poder achegarse a súa linguaxe de movemento máis persoal.
Nesta ocasión a práctica está dirixida a profesionais e estudantes de danza externos ao conservatorio, grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

Persoal do Teatro Rosalía de Castro
+ participantes da práctica da
Universidade Senior
Abrir o interior do teatro da man do equipo humano do Teatro Rosalía de Castro é un achegamento ás persoas que fan posible o funcionamento dun teatro antes, durante e despois de cada función. Falar con Paulo Rodríguez (director do teatro), Carolina de la Torre, (xefa de sala) e Raquel Castro (unha das técnicos do teatro) para coñecer ben de cerca o noso teatro e as persoas que o habitan cada día.

IES Bacharelato Artístico
Salvador de Madariaga
+ Alba Fernández + Estefanía Gómez
Unha clase de danza urbana para o alumnado do Instituto de Bacharelato Artístico Salvador de Madariaga con dúas artistas locais, Alba Fernández e Estefanía Gómez, da compañía Exire.
Con motivo da presentación da compañía catalana Brodas Bros no TRCDanza convidamos a estas dúas creadoras e bailarinas a achegar os fundamentos da danza urbana ao alumnado deste instituto de Bacharelato Artístico. Un obxetivo claro: incluir a danza nas aulas.

Conservatorio Profesional de Danza (Lugo)
+ Catherine Allard
Unha clase de danza e repertorio para o alumnado do Conservatorio profesional de danza de Lugo coa directora de IT Dansa, Catherina Allard.
Unha oportunidade de doble dirección, por un lado para o alumnado do conservatorio que poderán coñecer de cerca a esta coreógrafa e a a súa interesante traxectoria pilotando IT Dansa, e, polo outro lado, para a propia Catherine que poderá ter unha experiencia con unha comunidade do territorio no seu paso pola cidade. Un achegamento, un cruce, unha porta aberta a coñecerse, contaxiarse, inspirarse.

Universidade Senior
+ Ana Beatriz Pérez
Unha serie de sesións teóricas sobre a historia da danza, un achegamento aos referentes e persoaxes máis importantes que foron tecendo a evolución da danza ata os nosos días.
Unhas sesións formativas de carácter intensivo e de corta duración para comezar a educar a mirada como espectadores de danza. Ter un coñecemento un pouco máis profundo sobre os contextos socioeconómicos, políticos e estéticos faranos disfrutar con maior intesidade cada experiencia de danza a que poidamos ter acceso.

IES Bacharelato Artístico Adormideras
+ Marta Alonso + Paula Quintas
Unha serie de catro sesións de movemento cun espazo e comunidade cómplice deste proxecto, o Instituto de Bacharelato Artístico de Adormideras. Da man de dúas artistas do noso territorio, Marta Alonso e Paula Quintas do Colectivo Traspediante, plantexamos estas sesóns para un grupo de 2º curso dentro do seu horario lectivo durante catro luns consecutivos.
Un obxetivo claro: incluir a danza nas aulas.

Conservatorio Profesional de Danza
+ Judith Argomaniz
Unha clase práctica de danza para o alumnado do Conservatorio profesional de danza da Diputación da Coruña coa coreógrafa Judith Argomaniz. Unha oportunidade de doble dirección, por un lado para o alumnado do conservatorio que poderán coñecer de cerca a esta coreógrafa e a o seu interesante universo creativo e, polo outro lado, para a propia Judith que poderá ter unha experiencia con unha comunidade local no seu paso pola cidade. Un achegamento, un cruce, unha porta aberta a coñecerse, contaxiarse, inspirarse.

Espazo urbano
+ Alexis Fernández + Borja Fernández
Unha práctica aberta de danza e teatro a pé de rúa con dous magníficos creadores do noso territorio, Alexis Fernández e Borja Fernández. Un convite doble para xuntar a ámbolos dous creadores nunha experiencia conxunta dirixida a persoas de tódalas idades sen necesidade de experiencia previa.
Unha oportunidade de bailar xuntos na praza un domingo ao mediodía cos nosos veciños, familiares e amigos.

Espazo urbano
+ Familias
+ Vero Cendoya
Unha práctica artístico-deportiva en familia, unha clase aberta onde atoparse co corpo a través do fútbol e a danza contemporánea dirixida pola coreógrafa Vero Cendoya e polo futbolista Reinaldo Zerpa.
Unha proposta de verán dirixida a familias e situada en espazo urbano.

Escola de Artes Pablo Picasso
+ Fundación Luis Seoane
+ Félix Fernández
A transdisciplinariedade como tema motor, da man do artista local Félix Fernández para unha comunidade de estudantes de arte.
Esta segunda parte da práctica plantéase como dúas sesións de longa duración, acollidos nun centro de arte, onde seguir traballando o tema das fronteiras entre linguaxes enfocando a práctica nos traballos de cada participante.

Escola de Artes Pablo Picasso
+ Félix Fernández
A transdisciplinariedade como tema motor, da man do artista local Félix Fernández para unha comunidade de estudantes de arte.
Esta primeira parte plantéase como unha primeira conferencia para o alumnado da Escola de Artes Pablo Picasso en onde Félix presenta tanto a súa propia obra como os referentes que a alimentan.
