top of page

> ACCIÓNS EXPANDIDAS 2015

Escola de Imaxe e Son

+ Afonso Castro

 

Alfonso Castro, deseñador de iluminación galego, comparte coas alumnas e alumnos da Escola de Imaxe e Son as súas inquietudes e sensibilidades coa iluminación en danza.

Nesta ocasión a práctica ten unha continuidade coa visita do alumnado ao Teatro Rosalía de Castro no día da montaxe técnica para a peza Sazón da compañía Sólodos. Como anfitrión do teatro, Ricardo, o xefe técnico do IMCE.

Locais de viños e tapas

+ Dantzaz Kompainia

 

Un percorrido por varios bares da cidade onde os 10 bailaríns integrantes da compañía ofrécennos pequenos fragmentos de pezas do seu repertorio. Unha proposta habitual nesta compañía vasca.

Os bares colaboradores son: Bonilla, Bristol Bar, Boca Negra e Bar Escribano.

 

Unha exposición do traballo audiovisual xerado a raíz da colaboración entre o artista visua Gastón Gabriel e o bailarín e coreógrafo Daniel Hernández para o proceso de creación da peza ¨Persoa¨da compañía Spin Off Danza.

Unha vídeo instalación que pode verse en Casa Museo Casares Quiroga do 15 ao 17 de Outubro.

Casa Museo Casares Quiroga

+ Daniel Hernández

Centro Educación Especial María Mariño

+ Antonio Quiles

 

Un encontro onde practicar o corpo xunto a todos os integrantes da compañía Danza Mobile e as alumnas e alumnos do Centro de Educación Especial Maria Mariño.

A compañía achéganos o traballo ao redor do corpo que acostuman a ofrecer no programa pedagóxico que impulsan na súa cidade de residencia, Sevilla.

 

Un encontro-espazo onde coñecer de preto a unha das artistas de máis longa traxectoria no territorio nacional, con máis de 25 anos como directora da compañía madrileña 10&10 Danza. Mónica propón unha viaxe ao longo da historia da danza no noso país.

Actividade aberta a todo o público.

Fundación Luis Seoane

+ Mónica Runde

 

Un obradoiro sobre composición escénica guiado por dous artistas locais convidadas: Rut Balbís, como coreógrafa e intérprete, e Laura Villaverde, como actriz, poñen en práctica os condicionantes de espazo, ritmo, movemento ou musicalidad que afectan á composición escénica.

Unha actividade dirixida a menores a partir de 8 anos acompañados por un adulto.

Biblioteca Los Rosales

+ Rut Balbís + Laura Villaverde

 

Un taller sobre composición escénica guiado por dúas artistas locais convidadas: Rut Balbís, como coreógrafa e intérprete, e Laura Villaverde, como actriz, pon en práctica os condicionantes de espazo, ritmo, movemento ou musicalidad que afectan á composición escénica.

Unha actividade dirixida a persoas maiores de 60 anos.

Forum Metropolitano

+ Rut Balbís + Laura Villaverde

 

Un encontro conducido por un dos participantes do grupo de investigación que conformou Javier Martín na súa residencia anual no teatro Rosalía de Castro.

Xoan Mosquera, de profesión arquitecto, ofrece os participantes a súa peculiar tradución dos saberes compartidos nas sesións con Javier Martín.

Universidade Senior

+ Xoán Mosquera

 

Unha actividade en formato de conferencia  titulada ¨Como construír un corpo sen órganos (CsO)¨ en colaboración coa Facultade de INEF e aberta á participación das súas alumnas e alumnos, da man do coreógrafo local Javier Martín.

Facultade Ciencias do Deporte

+ Javier Martín

Facultade Ciencias da Educación

+ Javier Martín

 

Unha actividade en formato de conferencia  titulada ¨Como construír un corpo sen órganos (CsO)¨ en colaboración coa Facultade de INEF e aberta á participación das súas alumnas e alumnos, da man do coreógrafo local Javier Martín.

 

Un encontro-charla coas creadoras e intérpretes Ana Beatriz Perez e Kirenia Martínez que fan un percorrido polos puntos máis importantes da traxectoria desta compañía da cidade e das súas vidas profesionais entre o seu país de orixe e Galicia, onde residen dende fai máis dunha década. Con especial énfase tamén no proceso de creación que viviron para a súa peza "Blondys Coffee".

Escola de Artes Pablo Picasso

+ Entremans

 

Un encontro aberto cos integrantes da compañía valenciana Proxecto Titoyaya, dirixido por unha banda, a profesionais e estudantes de danza e, polo outro, ao alumnado da Universidade Senior e a Escola de Artes Pablo Picasso. Unha convocatoria plural, intergeneracional e diversa para formar un marabilloso campo de posibles.

Centro Coreográfico Galego 

+ Universidade Senior 

+ Escola de Artes Pablo Picasso

+ Proyecto Titoyaya

 

Un obradoiro de danza contemporánea baseado no imaxinario da creadora catalá para o seu espectáculo Lowland, dirixido aos profesionais e estudantes de danza do terriotorio, en colaboración especial con conservatorio de danza da cidade.

Conservatorio de Danza da Diputación

+ Roser López Espinosa

bottom of page