top of page
inicio
contacto

ACCIÓNS EXPANDIDAS 2014

Facultade Ciencias do Deporte

+ Ánxela Blanco

 

Actividade de iniciación ao movemento aberta ao alumnado da facultade de Ciencias do Deporte, pilotada pola creadora galega Ánxela Blanco.

Centro Ágora

+ Nuria Sotelo

 

Actividade de iniciación ao movemento aberta a tódalas persoas interesadas usuarias do Centro Ágora, pilotada pola creadora galega Nuria Sotelo.

 

Encontro-conversa con todos os integrantes da compañía andaluza Teresa Navarrete arredor dos procesos multidisciplinares, destacando a relación entre o corpo e o son que acostuman a atender nos seus traballos.

Normal UDC

+ Teresa Navarrete

Centro Coreográfico Galego

+ Jean Philippe Dury 

 

Unha actividade dirixida a profesionais e estudantes de danza da cidade, emplazada no centro de produción de danza do territorio.

Universidade Senior

+ Asun Noales

 

Un obradoiro de iniciación ao movemento e á composición coreográfica pilotado pola coreógrafa valenciana Asun Noales para o alumnado da Universidade Senior da Universidade de A Coruña.

Facultade Educación Social

+ Coordinadoras PE

Obradoiro teórico-práctico onde abordar as claves da programación expandida para o alumnado do Máster en Xestión e Innovación de centros escolares e institucións educativas, pilotado por Natalia Balseiro, Claudia Delso e Caterina Varela.

Conservatorio de Danza Diputación

+ Janet Novás

 

Un segundo achegamento ao Conservatorio de danza da cidade onde temos a oportunidade de disfrutar dunha clase práctica con Janet Novás, un espazo-tempo no que compartir as dinámicas de entrenamento desta interesante creadora e bailarina galega, intentando suxerir ao alumnado novos modos de entender o movemento.

Centro Ágora

+ Profesionais e estudantes de danza

+ Igor Calonge

 

Un obradoiro práctico de dúas horas de duración dirixido a profesionais e estudantes de danza do territorio, onde Igor Calonge, director da compañía vasca Cielo Raso, comparte connosco as claves físicas do seu traballo de movemento.

Escola de Artes Pablo Picasso 

+ Pisando Ovos

 

Encontro-conferencia para o alumnado da Escola de Artes Pablo Picasso onde Rut Balbís, directora de Pisando Ovos, fai un repaso polos 10 anos de traxectoria da compañía.

IES Adormideras

+ Pisando Ovos

 

Actividade teórico-práctica para o alumnado de 1º e 2º deste instituto artístico onde Rut Balbís, directora de Pisando Ovos, achega a traxectoria de 10 anos desta compañía galega á vez que contextualiza outros referentes da historia da danza. 

​Propón ademáis un achegamento práctico e participativo ás ferramentas de investigación da súa peza "Que volvan as flores" co foco posto na improvisación e reconstrucción continua.

 

Encontro-conversa arredor do archivo histórico dunha compañía galega: Matarile Teatro, un dos referentes estatais dentro do teatro-danza con casi 30 anos de historia documentados en diversos formatos (super 8, vhs, papel…) e que neste momento encóntrase en proceso de dixitalización.


Unha forma de achegarse ao traballo e práctica artística desta compañía, á un dos festivais más potentes de danza da península (En Pé de Pedra) e a unha das primeiras salas alternativas que houbo en Galicia (Teatro Galán).

CGAI (Centro Galego Artes da  Imaxe)

+ Matarile Teatro

bottom of page