PROGRAMA ACCIÓNS EXPANDIDAS 2021

13, 14 E 15 DE MAIO

BOBBI JENE

CICLO DE

CINEMA E DANZA

20, 21 E 22 DE MAIO

CLÍMAX

CICLO DE

CINEMA E DANZA

28, 29 E 30 DE MAIO

OSKARA

CICLO DE

CINEMA E DANZA

28 E 29 DE MAIO

AS GUÍAS

 

DANIEL ABREU

1 DE XUÑO

TALLER DE

PÚBLICOS

3 DE XUÑO

MIRADAS

PERIFÉRICAS

MIKEL ARISTEGUI

MARCELA SAN PEDRO

4 DE XUÑO

MIRADAS

PERIFÉRICAS

 

MANUEL RODRÍGUEZ

5 DE XUÑO

TALLER DE

PÚBLICOS

5 DE XUÑO

PAISAXES EN

CONSTRUCIÓN

 

MANUEL RODRÍGUEZ

6 DE XUÑO

EN BUSCA DUN

ANTI-CORPO

COLECTIVO

VACABURRA

8 DE XUÑO

TALLER DE

PÚBLICOS

AMALIA FERNÁNDEZ

9 DE XUÑO

CORPO COLECTIVO

AMALIA FERNÁNDEZ

10 DE XUÑO

ISTO NON É BERLÍN

COLECTIVO RPM

11 DE XUÑO

PUBLICAR DANZA

AFONSO BECERRA

CATERINA VARELA

12 DE XUÑO

TALLER DE

PÚBLICOS

12 DE XUÑO

MIRADAS

PERIFÉRICAS

 

DIEGO ANIDO

13 DE XUÑO

DISCOTECA

DE SEÑORAS

MARTA ALONSO

>>

 

MÁIS ACCIÓNS

PROXIMAMENTE

AccionesExpandidas_PE20213.png

Baixo a mirada de Elvira Lind, vivimos o regreso da bailarina estadounidende Bobbi Jenne á súa terra natal, tras pasar 10 anos vivindo e traballando en Israel, baixo a dirección de de Ohad Naharin na Batsheva Dance Company. 

 

O documental, retrata a arriscada búsqueda da independencia creativa da bailarina dende unha ollada íntima e honesta. Unha viaxe onde o amor e a ambición por lograr un soño, se apoderan do espectador a través da danza. 

> xoves 13 de maio ás 20 h, venres 14 de maio ás 20 h e sábado 15 de maio ás 17.15 h e ás 20 h nos Cines do Fórum Metropolitano

> Coloquio despois da proxección na sesión do sábado ás 17.15 h

 

> Dentro do I Ciclo de Cinema e Danza en colaboración cos Cines do Fórum Metropolitano

 
AccionesExpandidas_PE20215.png

O polémico filme do director arxentino Gaspar Noé, transpórtanos a unha festa onde un grupo de bailarines toma accidentalmente LSD mezclado con sangría. Os efectos que isto produce neles, achégannos a diversas situacións extremas onde o terror e a confusión son o fío condutor.

 

Unha aposta arriscada, que nos achega ao corpo dende unha realidade máis alternativa e non formal. A danza preséntase como disciplina relacional ocupando os momentos de celebración e clímax. 

> xoves 20 de maio ás 20 h, venres 21 de maio ás 20 h e sábado 22 de maio ás 17.15 h e ás 20 h nos Cines do Fórum Metropolitano

> Coloquio despois da proxección na sesión do sábado ás 17.15 h

 

> Dentro do I Ciclo de Cinema e Danza en colaboración cos Cines do Fórum Metropolitano

 
AccionesExpandidas_PE20214.png

Iñaki Alforja e Pablo Iraburu, acompañan ao coreógrafo Marcos Morau, na súa chegada ao País Vasco durante a creación do espectáculo Oskara coa compañía Kukai Dantza. 

 

O documental achegános á cultura tradicional vasca a través da súa “dantza” e das súas tradicións. O proceso creativo e a identidade cultural, son o fío conductor deste fermoso documental, que recolle de forma moi cercana, o traballo da compañía vasca co coreográfo valenciano. 

 

> xoves 25 de maio ás 20 h, venres 26 de maio ás 20 h e sábado 27 de maio ás 17.15 h e ás 20 h nos Cines do Fórum Metropolitano

> Coloquio despois da proxección na sesión do sábado ás 17.15 h

 

> Dentro do I Ciclo de Cinema e Danza en colaboración cos Cines do Fórum Metropolitano

 
AccionesExpandidas_PE20218.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

En colaboración co Festival Corufest abrimos dúas prácticas de corpo con Daniel Abreu.

 

O bailarín e coreógrafo canario –Premio Nacional de Danza en 2024– parte dende a danza formal e se achega á estrutura dun corpo dirixido e apoiado, dun corpo xestual e en movemento. Traballarase dende a sensación e a conciencia a través de pautas de improvisación cara un movemento máis libre, manifestación do máxico.

> venres 28 e sábado 29 de maio de 11 a 13 horas

> na Aula 9 do Centro Ágora

 

> actividade dirixida a todas as persoas interesadas sen necesidade de coñecementos previos

> a práctica é gratuíta con prazas limitadas

 
AccionesExpandidas_PE20217.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

Se asistir ao teatro é unha experiencia transformadora, sen dúbida o noso rol como público(s) vai moito máis aló do rato que pasamos nunha butaca. Se ademais falamos de sermos público(s) hoxe das artes do movemento, o que se produce é sempre un desprazamento das pezas, que nos pode levar cara a moitos lugares, ou mover o chan do lugar no que estamos.

Este taller está pensado para afondar nas posibilidades e resonancias que esta experiencia –a de sermos públicos das artes do movemento– pode provocar, tanto en cada un ou cada unha de nós individualmente, como no conxunto das persoas que participamos, como público(s), do acontecemento singular e único que é sempre unha obra escénica.

> martes 1 de xuño de 19 a 21 horas

> sábado 5 de xuño de 11 a 13 horas

> martes 8 de xuño de 19 a 21 horas

> sábado 12 de xuño de 11 a 13 horas

> na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía de Castro

 

> actividade dirixida a todas as persoas interesadas sen necesidade de coñecementos previos

> a práctica é gratuíta con prazas limitadas

 
AccionesExpandidas_PE20218.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

Como antesala a algunhas das funcións do festival de primavera, lanzamos un programa de prácticas de movemento con distintos artistas para preparar o corpo que se senta na butaca. Na procura dese corpo atento, que se deixa afectar e se volve vulnerable na súa condición de espectador, cada artista conducirá a súa sesión de movemento dun modo distinto –propio da súa práctica artística– pero coa mesma intención compartida, a de afondar na percepción sensorial e a mirada periférica que contempla tanto o que está dentro como fóra de foco. Tal e como di Marina Garcés, “liberar a visión pasaría por deixar que os ollos caian de novo no corpo”.

 

As prácticas estarán conducidas por Mikel Aristegui e Marcela San Pedro, Manuel Rodríguez e Diego Anido nun espazo próximo favorecendo o tránsito da práctica á función no Teatro Rosalía de Castro​.

 

> práctica con MIkel Aristegui e Marcela San Pedro o xoves 3 de xuño

> práctica con Manuel Rodríguez o venres 4 de xuño

> práctica con Diego Anido o sábado 12 de xuño 

 

> horario de 18.00 a 20.00 horas 

> espazo pendente de confirmar​ 

> actividades dirixidas a todas as persoas interesadas sen necesidade de coñecementos previos.

> as tres prácticas son gratuitas con prazas limitadas.

 
AccionesExpandidas_PE202110.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

Manuel Rodríguez convídanos a transitar por unha paisaxe en construción a través dunha instalación colaborativa que cuestiona os límtes entre o corpóreo, o físico e o espazo. 

 

O artista recibe por primeira vez dentro da súa instalación aos público(s) do teatro, empregando materiais da súa peza <Body on paper>, abrindo a posibilidade de construír, reflexionar e habitar de forma conxunta esta paisaxe colectiva. 


 

> sábado 5 de xuño de 17.30 a 19.30h na Sala Xan Eirís do Teatro Rosalía de Castro.

> a práctica está dirixida a todas a calquera persoa que se sinta chamada pola proposta. 

> a práctica é gratuíta con prazas limitadas.

 
AccionesExpandidas_PE202111.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

“Parto da base de que os proceso de construción da subxetividade da inmensa maioría das persoas están atravesados pola misoxinia, o clasismo, a homofobia e o racismo no que fumos educadas/socializadas, polo que aprender ten que ver cun proceso inacabábel de desaprender” ” (Mª José Belbel. Yes, we camp)

Abrimos un espazo onde continuar a desaprender os corpos. Un espazo onde compartir os materiais de traballo, onde reescribir por riba do escrito deixando que outras corporalidades falen e atravesen o propio material. Anticorpos que nos axuden a cuestionar a normatividade. Un tempo e un espazo no que ir de acampada aos corpos e na que saír fóra do corpo tamén. Onde problematizar o normativo. Recoñecer as nosas peculiaridades e rarezas, como forza, beleza, e posible estratexia de reinvención. Un lugar onde viaxar polos referentes que abrazan a peza O raro é que bailar sexa raro.

> domingo 6 de xuño de 12.00 a 13.30 horas na libraría O Fiandón.

> actividade dirixida a tódalas persoas interesadas.

> a conferencia é gratuíta con aforo limitado.

 
AccionesExpandidas_PE202112.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

O lugar da atención é o que define que unha experiencia sexa dun tipo ou doutro. Neste laboratorio, o noso lugar de atención sitúase fóra de nós, e ao mesmo tempo esa atención proporciónanos unha posición e unha función que é á vez individual e colectiva: persoal e social.

 

A través das prácticas de "corpo colectivo", crearemos un estado de máxima atención, e tamén de mínima intención (non mente). Pura acción no presente. Intensidade. Ser parte e ser todo á vez. Pensar e facer co corpo. Poñer ao corpo en xogo. Poñer o teu corpo ao dispor dos outros corpos.

 

 

 

> mércores 9 de xuño de 17.00 a 20.00 horas no escenario do Teatro Rosalía de Castro.

> actividade dirixida a tódalas persoas interesadas sen necesidade de coñecementos previos.

> a práctica de corpo é gratuíta con prazas limitadas.

 
AccionesExpandidas_PE202113.png

Colectivo RPM retrata a escena da danza e das artes vivas na Coruña, a través dunha peza documental que conta coa participación dalgunhas das artistas que conforman esta comunidade. 

 

Isto non é berlin atende á realidade das artes vivas na cidade e no territorio galego. As conversas mostran unha verdade con luces e sombras, un mapa de persoas plurais que nos achega á situación da creación contemporánea actual. 

 

> xoves 10 de xuño ás 20.00 horas no Teatro Colón da Coruña.

> actividade dirixida a tódalas persoas interesadas.

> a activade é gratuíta con aforo limitado.

 
AccionesExpandidas_PE202113.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

Publicar danza é sempre motivo de celebración. Así, vestímonos de gala para acoller a presentación de tres libros publicados recentemente. 

 

Por unha banda, a nosa compilación de Pre-textos 2021-2018 que despois de seren publicados en dixital durante os cinco primeiros anos da Programación Expandida TRC Danza hoxe collen corpo de libro para ocupar o seu espazo nas librerías de danza do país.

 

Por outro lado, contaremos coa presenza de Afonso Becerra presentando, os volúmenes II e III da Historia de la danza contemporánea en España. Estas publicacións enmárcanse dentro dunha triloxía asinada por varios autores e autoras baixo a liña de publicación de Artes y Oficios de la escena da Academia de las Artes Escénicas de España, co apoio do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y la Música (INAEM).

> 11 de xuño de 18.00 a 19.30 horas na Fundación Luis Seoane

> actividade dirixida a todas as persoas interesadas​

> prazas limitadas previa inscrición

 
AccionesExpandidas_PE202116.png

CONVOCATORIA ABERTA

INSCRÍBETE AQUÍ

Quen marca a idade na que xa non podemos ir á discoteca? Será que por ser nai xa non teño dereito a bailar ata que amaneza? Existen as discotecas de señoras? Marta Alonso convídanos á súa propia. 

 

A Fundación Luis Seoane, convertirase durante 2 horas, nunha discoteca á luz do día. Soltar o corpo, bailar sen límites, súar e desfrutar do movemento en comunidade. O éxtase da festa reconvertido nunha discoteca na que vivir unha experiencia compartida a través da danza. 

 

A actividade virá acompañada dun obradoiro paralelo para a cativada, que a conciliación non sexa un problema, poderás traer ás túas crianzas e desfrutar da práctica mentres elas gozan dunha actividade pensada para idades máis novas.

 

> domingo 13 de xuño de 11.00 a 13.00 horas na Fundación Luis Seoane

> actividade dirixida a todas as persoas que se sintan chamadas pola proposta.

> ambas actividades son gratuitas con prazas limitadas.