O artista multidisciplinar Diego Anido presenta a súa peza <El alemán>, estrenada no ano 2005 pero recuperada no 2020 no Teatro Ensalle de Vigo. O traballo do intérprete combina linguaxes diversas dunha forma impecable e moi personal; a danza, o teatro físico, o traballo textual ou a ventriloquía con algunhas das disciplinas das que se nutre Diego nos seus traballos escénicos.
<El alemán>, Paperboy, Cascuda [Cucaracha], Symon Pédícri e a peza en proceso El rey del pop, son os títulos dalgúns dos traballos unipersonais do intérprete. Todos estes traballos conforman un colectivo de personaxes ficcionais, que transitan entre a cordura e a locura, entre a escuridade que habita nas personas e as emocións humanas mais puras. Humor, misterio, e un traballo de movemento e interpretación moi pulido, que dan lugar a atmósferas hipnóticas.
Nado en Compostela, en 2004 trásladase á cidade de Barcelona e comeza a colaborar con compañías e colectivos de gran pegada nacional; Agrupación Señor Serrano, Raravis, Andrés Corchero e Rosa Múñoz, no territorio galego forma parte de producións co CDG e Voadora, funda xunto a Borja Fernández, Laura Iturralde e Pablo Rega, o colectivo Marciano Balboa.

>>>>>>>>>>>>>> DIEGO ANIDO >>>>>>>>>>>>>>> EL ALEMÁN
13
XUÑO