PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
O colectivo Can Cun Quinqué presenta a súa primeira peza de danza para teatros. Leodán Rodríguez e Isabel Sánchez acompañados por Clara Ferrao e Ignacia García comezan un proceso de investigación arredor da iluminación, os impulsos e o descoñecido.
A peza do colectivo compostelá, combina o dinamismo e a forza dos corpos cunha iluminación que pasa a formar parte da dramaturxia da peza. Unha convivencia de linguaxes e personaxes que nos guían nun traxecto inesperado e atemporal.
Leodán e Isabel contan co seu propio espazo de formación de artes escénicas e ambos co-dirixen o festival de danza contemporánea HerDanza en Santiago de Compostela.

>>>>>>>>>>>> CAN CUN QUINQUÉ >>>>>>>>>>> SPOTLIGHT
24
ABRIL
dirección, creación e coreografía >> LEODÁN RODRÍGUEZ & ISABEL SÁNCHEZ I interpretación >> CLARA FERRAO, IGNACIO GARCÍA, LEODÁN RODRÍGUEZ & ISABEL SÁNCHEZ I escenografía e vestiario >> CAN CUN QUINQUÉ I iluminación e son >> DAVID RODRÍGUEZ
