Lava é unha compañía de danza contemporánea residente no Auditorio de Tenerife que aposta pola creación dun novo repertorio con creadores de presenza internacional e que conta coa dirección artística do bailarín tinerfeño Daniel Abreu (Premio Nacional de Danza 2014).
No programa dobre <Bending the walls & Beyond> recollen dúas das últimas creacións levadas a cabo coa dirección de Fernando Hernando Magadán –director artístico de NDT2– e de La Intrusa –a compañía dirixida por Virginia García e Damián Muñoz, Premio Nacional de Danza 2015–.
<Bending the Walls> de Fernando Hernando Magadán, é unha exploración sobre o mundo das restricións e limitacións na nosa procura da felicidade, a liberdade e a comprensión: os límites físicos e psicolóxicos dentro de nós mesmos e o mundo que nos rodea. É unha metáfora sobre as forzas psicolóxicas, físicas e emocionais que os humanos poden abordar para transcender a realidade palpable, superar a aflición e escapar a un mundo de imaxinación.
<Beyond> de La Intrusa, recolle as palabras da escritora canadiense Anne Michaels para preguntar “Que é un home sen paisaxe? Unha experiencia de procura a través de paisaxes emocionais da memoria. Un escenario de incerteza que nos obriga constantemente a crear ou reflexionar sobre o noso propio itinerario vital, sobre a paisaxe que dunha maneira consciente ou fortuíta imos construíndo”.


>>>>>> LAVA >>>>>>>>>> BENDING THE WALLS + BEYOND
BENDING THE WALLS + BEYOND
VENRES 13 DE NOVEMBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
<Bending the Walls>
coreografía >> FERNANDO HERNANDO MAGADÁN I repetidor >> DOMINIC SANTIA I composición musical >> LUIS HERNAIZ I dramaturxia >> YVAN DUBREUIL I texto-voz >> GARY HILL, AROUND & ABOUT (1980) I intérpretes >> JAVIER AROZENA, MIGUEL BALLABRIGA, EMILIANA BATTISTA AMRINO, ADRIÁN DÍAZ, CARMEN FUMERO & VIRGINIA MARTÍN I segundo elenco >> JAVIER DE LA ASUNCIÓN, FABIANA MANGIALARDI, PAULA PARRA, ALICIA PÍREZ & AMANDA RUBIO I vestiario >> ANNEMARIJE VAN HARTEN I iluminación >> TOM VISSER I produción >> KORZO THEATER & NEDERLANDS DANS THEATER
<Beyond>
dirección >> LA INTRUSA (VIRGINIA GARCÍA & DAMIÁN MUÑOZ) I creación >> LA INTRUSA EN COLABORACIÓN COS INTÉRPRETES I dramaturxia >> VIRGINIA GARCÍA I texto >> ANA REDONDO (LA INTRUSA) I banda sonora orixinal >> JESÚS DÍAZ I intérpretes >> JAVIER AROZENA, MIGUEL BALLABRIGA, EMILIANA BATTISTA AMRINO, CARMEN FUMERO & VIRGINIA MARTÍN I segundo elenco >> JAVIER DE LA ASUNCIÓN, FABIANA MANGIALARDI, PAULA PARRA, ALICIA PÍREZ & AMANDA RUBIO I vestiario e iluminación >> LA INTRUSA & AUDITORIO DE TENERIFE I asistencia técnica >> JORDI BERCH