Luz Arcas, directora de La Phármaco, procura unha danza que descubra as feridas históricas e resista contra a ficción e as verdades absolutas. En alianza co Centro Dramático Nacional, <Una gran emoción política> inspírase na autobiografía de María Teresa León e nos anos decisivos da nosa historia recente –os da guerra civil e o exilio– marcados polo fervor político, o mito da Revolución e a fe nas utopías. A escritora, que agardaba dende o exilio voltar a unha España libre da dictadura franquista, voltou en 1977 e o alzhéimer non lle deixou recoñecer a terra que pisaba.
Danza e acción física, cancións e respiracións, textos orixinais da autora e unha proposta musical orixinal interpretada en directo traen á escena os recordos de María Teresa e dunha España que mesmo parecese que sofre do mesmo destino: o borrado de memoria e a enfermidade do olvido.
>>>>>>>>> LA PHÁRMACO >>>>>>>>> UNA GRAN EMOCIÓN POLÍTICA
UNA GRAN EMOCIÓN POLÍTICA
SÁBADO 3 DE OUTUBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
dirección e dramaturxia >> LUZ ARCAS & ABRAHAN GRAGERA I interpretación >> LUZ ARCAS, ELENA GONZÁLEZ-AURIOLES, BEGOÑA QUIÑONES, RAQUEL SÁNCHEZ, PAULA MONTOYA, IGNACIO JIMÉNEZ, VERÓNICA GARZÓN, ITXASI MEDIAVILLA, PATRICIA ROLDÁN, JOSÉ ANDRÉS LÓPEZ, SARA BURGAZZI & JOSÉ LUIS SENDARRUBIA I coreografía >> LUZ ARCAS I concepto, dirección e composición musical >> ABRAHAN GRAGERA I composición musical, piano e percusións >> CARLOS GONZÁLEZ I vento e voz >> CRISTIAN BUADES I violín >> DAVID SANTACECILIA I iluminación >> JORGE COLOMER I fotografía e vídeo >> VIRGINIA ROTA I deseño gráfico >> MARÍA PEINADO I deseño de vestiario >> PAOLA DE DIEGO I escenografía >> XOSÉ SAQUÉS I textos >> MARÍA TERESA DE LEÓN I produción >> CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL & LA PHÁRMACO
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA