A partir da danza tradicional vasca, a compañía Kukai Dantza vén presentando, dende fai case vinte anos e en paralelo ás creacións propias, distintas colaboracións con coreógrafos convidados. Este é o caso de <Erritu> no que se acompañan do coreógrafo israelí afincado en Madrid, Sharon Fridman.
<Erritu> é unha viaxe vital que atravesa mediante ritos de paso individuais e colectivos os distintos estados da vida en relación coa natureza e coa comunidade. Estados que van desde o nacemento ao caos, pasando polo deserto da soidade, ata chegar ao encontro, o amor e, finalmente, a morte.
Os ritos exercen a modo de pontes para tentar descubrir o sentido das conexións entre a nosa existencia individual –cargada de pasado, presente, promesas de futuro e opcións– e a experiencia colectiva ritualizada, sempre referencial pero tamén en movemento e cambio. Espiritualidade, tenrura e decisión persoal danse a man cunha viaxe que, ao final, resulta colectiva pero influída polas traxectorias dos máis conscientes.


>>>>>> KUKAI DANTZA & SHARON FRIDMAN >>>>>>>>>> ERRITU
idea orixinal >> JON MAIA SEIN I coreografía >> SHARON FRIDMAN I bailaríns e bailarinas >> ALAIN MAYA, ENEKO GIL, IBON HUARTE, IZAR AIZPURU, NEREA VESGA & URKO MITXELENA I canto >> DAVID AZURZA I creación musical >> LUIS MIGUEL COBO & DAVID AZURZA I asistente de dramaturxia >> ANTONIO RAMÍREZ-STAVIBO I deseño de iluminación >> DAVID BERNUÉS & SHARON FRIDMAN I deseño de espazo sonoro >> ÁNGEL AGÜERO I deseño de vestiario >> IKERNE GIMÉNEZ I deseño de escenografía >> OFICINA 4PLAY ARQUITECTURA I execución de vestiario >> INMA GÓMEZ & SAIOA MATXAIN I ambientación de vestiario >> MARÍA CALDERÓN I construción de escenografía >> ARQUITECTURA EFÍMERA BASE X ALTURA SLL I deseño gráfico >> TEMPOGRAFIX I fotografía >> MENDI URRUZUNO, IGNACIO URRUTIA & KATIUSKAK I vídeo >> ACRÓNICA PRODUCCIONES I equipo de xestión >> JON MAIA SEIN, NAGORE MARTÍNEZ & DOLTZA OAR-ARTETA