PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
Despois dunha intensa traxectoria como bailarín dende 2006, Helliot Baeza vístese de si mesmo en <Helliot> para defender en escena un solo de danza contemporánea para públicos diversos.
Entre a danza, o teatro a e performance, esta creación, dirixida por Antonio Quiles, pon sobre a mesa o que nos fai únicos e especiais como persoas. A partir do belo e valiente relato vital do seu protagonista tece unha viaxe escénica que pon a mira na idea do que significa ser un (bo) bailarín ou do que queremos ver en escena hoxe en día.
Unha creación, pola que Helliot Baeza recibiu o Premio Escenarios de Sevilla ao mellor bailarín, e que conta coa iluminación de Benito Jiménez, e con Pepe Arce a cargo do espazo sonoro.
<Helliot> forma parte do programa do IX Encontro Artes Pola Integración co que o Teatro Rosalía de Castro colabora dende fai anos.


>>>> DANZA MOBILE >>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>>> HELLIOT
HELLIOT
SÁBADO 5 DE SETEMBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
idea orixinal e dirección >> ANTONIO QUILES I intérprete >> HELLIOT BAEZA I coreografía >> ANTONIO QUILES & HELLIOT BAEZA I asesoría artística e axudante de coreografía >> ESMERALDA VALDERRAMA I vestiario >> LOULITAS CO I espazo sonoro >> PEPE ARCE I iluminación e sonido >> BENITO JIMÉNEZ I voz en off >> NACHO TERCEÑO I deseño de cartel >> RAÚL GURIDI I fotografía >> RAQUEL ÁLVAREZ, VICTOR DOMÍNGUEZ, PABLO BENÍTEZ & SOFÍA LEIVA I comunicación >> MERCEDES VEGA I produción e distribución >> JAVIER OSSORIO
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
