<O que segue>, a nova aposta da artista escénica galega Cristina Balboa, é un acto de resistencia a través da composición musical, o vídeo e a danza; un relato feroz do cotiá e as contradicións entre a arte e a vida.
Misturando a súa faceta de compositora musical, a súa afección por bailar nas discotecas e o seu amor polos textos demoledores, Cristina Balboa constrúe unha obra en primeira persoa para atopar un xeito intelixente de vivir a cabalo entre a escena e o mundo exterior. Unha peza que pecha as portas á ira do pasado para comenzar de novo a ritmo de techno refinado con tintes africanos. Unha onda vital que dirixe a súa enerxía cara nós.
<O que segue> é unha produción de Cristina Balboa en coprodución co Centro Dramático Galego que conta con Mauro Trastoy no deseño do espazo, Afonso Castro no deseño de luz ou Paula Quintas no deseño de vestiario dentro da equipa de artistas colaboradores que completa Manuel Parra na dramaturxia.
>>>>>>>>>>>> CRISTINA BALBOA >>>>>>>>>>> O QUE SEGUE
O QUE SEGUE
VENRES 26 DE XUÑO ÁS 21 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
creación, dirección, textos e interpretación >> CRISTINA BALBOA I asistencia dirección Manuel Parra García I dramaturxia >> CRISTINA BALBOA & MANUEL PARRA GARCÍA I iluminación >> AFONSO CASTRO I música orixinal e videocreación >> CRISTINA BALBOA I produción >> MANU LAGO & CRISTINA BALBOA I vestiario >> PAULA QUINTAS & CENTRO DRAMÁTICO GALEGO I espazo escénico e deseño gráfico >> MAURO TRASTOY I tradución >> NATALIA VÁZQUEZ I fotografía >> ÁNGEL SOUSA, FRAN RIVEIRO, MANU LAGO I vídeo >> ÁNGEL SOUSA I difusión >> MÓNICA MEJÍAS / VEYDILE & MANU LAGO
produción >> FUNBOA ESCÉNICA I coprodución >> CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, AGADIC, XACOBEO 2021, XUNTA GALICIA I colaboración >> RESIDENCIAS PARAÍSO / COLECTIVO RPM, CONCELLO DE SANTIAGO, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, PROXECTO PANK, GALICIA DANZA CONTEMPORÁNEA
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
XOVES 18 DE XUÑO
ÁNXELA BLANCO +
JAVIER MARTÍN + CRISTINA BALBOA
VENRES 19 DE XUÑO
CRISTINA BALBOA
SÁBADO 27 DE XUÑO
CRISTINA BALBOA