PROGRAMACIÓN
E X P A N D I D A
> > >
TRC DANZA
PROXECTO DE APROXIMACIÓN ÁS ARTES DO MOVEMENTO > > > > > > > > > > > > >
> > > > > > TEATRO ROSALÍA DE CASTRO > > > >> > > > > > > > > > > > A CORUÑA
A última creación da coreógrafa e bailarina sevillana Bárbara Sánchez propón un achegamento feminista ao arquetipo cristián de María Magdalena. <Várvara> parte de lugares aparentemente tan dispares como a cultura valenciana do bacalao e a idea mística da éxtase, Bárbara Sánchez encarna a figura da Gran Amante. Como en toda práctica mística, o obxectivo aquí é a unión, a disolución definitiva da distancia. Non queda espazo xa para a ironía, o sarcasmo e moito menos para o autorreferencial. María Magdalena é a tola exemplar, capaz de baleirarse para encarnar ao Amado, capaz de esnaquizar calquera institución patriarcal para afirmar o seu Amor Infinito. Ela fala directamente co seu Dono, elixido libremente. Non hai nin distancias nin intermediarios que vallan. Fronte á imposición capitalista dun modelo de muller privilexiada branca que se pode permitir dedicar os seus esforzos para observarse a si mesma, Ela leva a cabo un desaloxo radical, unha baixada consciente e desexada aos entullos do mundo, a ese lugar desde onde reina o seu Cristo.
<Várvara> forma parte do programa da II Edición do Festival CoruFest, que se realiza en distintos lugares da cidade.


>>>>>> BÁRBARA SÁNCHEZ >>>>>>>>>>>>>>>> VÁRVARA
VÁRVARA
DOMINGO 11 DE OUTUBRO ÁS 20.30 H
NO TEATRO ROSALÍA DE CASTRO
> compra a túa entrada
dirección, coreografía e interpretación >> BÁRBARA SÁNCHEZ I dramaturgia >> JAIME CONDE-SALAZAR & BÁRBARA SÁNCHEZ I asistente de dirección >> ALBERTO CORTÉS I deseño de iluminación >> BENITO JIMÉNEZ I música >> SONIDO VALENCIA I loops, edits e megamix >> YLIA I vestiario >> HORUS BODY JEWELRY, HUGO PEREIRA & BÁRBARA SÁNCHEZ I textos >> BÁRBARA SÁNCHEZ e intervencións sobre orixinais de SAN JUAN DE LA CRUZ, RAFAEL DE LEÓN, ANGÉLICA LIDDELL, INGMAR BERGMAN, MARGUERITE YOURCERNAR, JAVIER MELLONI, YESENIA THEN & EMILIO (REPUTADO CAÑERO VALENCIANO) I fotografías >> ANTONIO NAVARRO WIJKMARK I vídeo >> TRISTÁN PÉREZ-MARTÍN I produción >> BÁRBARA SÁNCHEZ I colaboración >> SANTA VÁRVARA, 970€ DE LIBERTAD Y ARTILLERÍA, BANCO DE PROYECTOS (ICAS), GRANER, CENTRO DANZA CANAL & TENERIFE-LAV
+ PROGRAMACIÓN EXPANDIDA
